- OBXETO
O presente aviso legal regula o uso e utilización do sitio web [www.fragasdortegal.org], do que é titular a ASOCIACIÓN FRAGAS DO ORTEGAL (en adiante, A PROPIETARIA DA WEB).
A navegación polo sitio web da PROPIETARIA DA WEB atribúe a condición de PERSOA USUARIA do mesmo e atinxe a súa aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das condicións publicadas neste aviso legal, advertindo de que ditas condicións poderán ser modificadas sen notificación previa por parte da PROPIETARIA DA WEB, en cuxo caso se procederá á súa publicación e aviso coa máxima antelación posible. Por elo é recomendable ler atentamente o seu contido en caso de desexar acceder e facer uso da información e dos servizos ofrecidos dende este sitio web.
A persoa usuaria, amais, obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal, e responderá fronte á PROPIETARIA DA WEB ou fronte a terceiros, de calquera danos e prexuízos que puideran causarse como consecuencia do incumprimento de dito obriga.
Calquera utilización distinta á autorizada está expresamente prohibida, podendo A PROPIETARIA DA WEB denegar ou retirar o acceso e o seu uso en calquera momento.
- IDENTIFICACIÓN
A PROPIETARIA DA WEB, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmalle de que:
- A súa denominación social es: ASOCIACIÓN FRAGAS DO ORTEGAL
- O seu CIF es: G16791709
- O seu domicilio social está en: FIGUEIROA 91 – O CAIXÓN – 15365 – CARIÑO – A CORUÑA
- Inscrita no REXISTRO CENTRAL DE ASOCIACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA co número
- COMUNICACIÓNS:
- Telefono: 698 155 721
- Email: fragasdortegal@gmail.com
Todas as notificacións e comunicacións entre as persoas usuarias e A PROPIETARIA DA WEB consideráranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través de calquera medio dos detallados anteriormente.
- CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto. Non obstante, A PROPIETARIA DA WEB pode condicionar a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.
A persoa usuaria garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a PROPIETARIA DA WEB e será a única responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
A persoa usuaria comprométese expresamente a facer un uso adecuado dos contidos e servizos da PROPIETARIA DA WEB e a non empregalos para, entre outros:
- Difundir contidos delitivos, violentos, pornográficos, racistas, xenófobos, ofensivos, de apoloxía do terrorismo ou, en xeral, contrarios á lei ou á orde pública.
- Introducir na rede virus informáticos ou realizar actuacións susceptibles de alterar, estragar, interromper ou xerar erros ou danos nos documentos electrónicos, datos ou sistemas físicos e lóxicos da PROPIETARIA DA WEB ou de terceiras persoas; así como obstaculizar o acceso doutras persoas usuarias ao sitio web e aos seus servizos mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos cales A PROPIETARIA DA WEB presta os seus servizos.
- Intentar acceder ás contas de correo electrónico doutras persoas usuarias ou a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos da PROPIETARIA DA WEB ou de terceiros e, no seu caso, extraer información.
- Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como violar a confidencialidade da información da PROPIETARIA DA WEB ou de terceiros.
- Suplantar a identidade de calquera outra persoa usuaria.
- Reproducir, copiar, distribuír, pór a disposición de, ou calquera outra forma de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou elo resulte legalmente permitido.
- Recoller datos con finalidade publicitaria e de remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venta ou outras de natureza comercial sen que medie a súa previa solicitude ou consentimento.
Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence á PROPIETARIA DA WEB, sen que poidan entenderse cedidos á persoa usuaria ningún dos dereitos de explotación sobor os mesmos alén do estritamente necesario para o correcto uso da web.
En definitiva, as persoas usuarias que accedan a este sitio web poden visualizar os contidos e efectuar, no seu caso, copias privadas autorizadas sempre que os elementos reproducidos non sexan cedidos posteriormente a terceiros, nin se instalen a servidores conectados a redes, nin sexan obxecto de ningún tipo de explotación.
Así mesmo, todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web son propiedade da PROPIETARIA DA WEB, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao mesmo atribúa á persoa usuaria dereito algún sobor os mesmos.
A distribución, modificación, cesión ou comunicación pública dos contidos e calquera outro acto que non fose expresamente autorizado pola titular dos dereitos de explotación quedan prohibidos.
O establecemento dun hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre A PROPIETARIA DA WEB e o/a propietario/a do sitio web no que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte da PROPIETARIA DA WEB dos seus contidos ou servizos.
A PROPIETARIA DA WEB non se responsabiliza do uso que cada persoa usuaria lles dea aos materiais postos a disposición neste sitio web nin das actuacións que realice en base aos mesmos.
- EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE NO ACCESO E A UTILIZACIÓN
O contido do presente sitio web é de carácter xeral e ten unha finalidade meramente informativa, sen que se garanta plenamente o acceso a todos os contidos, nin a súa exhaustividade, corrección, vixencia ou actualidade, nin a súa idoneidade ou utilidade para un obxectivo específico.
A PROPIETARIA DA WEB exclúe, até onde permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza derivados de:
- A imposibilidade de acceso ao sitio web ou a falla de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos contidos, así como a existencia de vicios e defectos de toda clase dos contidos transmitidos, difundidos, almacenados, postos a disposición, aos que se accedera a través do sitio web ou dos servizos que se ofrecen.
- A presencia de virus ou de outros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou datos das persoas usuarias.
- O incumprimento das leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente aviso legal como consecuencia do uso incorrecto do sitio web. En particular, e a modo exemplificativo, A PROPIETARIA DA WEB non se fai responsable das actuacións de terceiros que vulneren dereitos de propiedade intelectual e industrial, segredos empresariais, dereitos ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, así como a normativa en materia de competencia desleal e publicidade ilícita.
Así mesmo, A PROPIETARIA DA WEB declina calquera responsabilidade respecto á información que se ache fóra desta web e non sexa xestionada directamente polo noso webmaster. A función dos links que aparecen nesta web é exclusivamente a de informar á persoa usuaria sobor a existencia doutras fontes susceptibles de ampliar os contidos que ofrece este sitio web. A PROPIETARIA DA WEB non garante nin se responsabiliza do funcionamento ou accesibilidade dos sitios enlazados; nin suxire, invita ou recomenda a visita aos mesmos, polo que tampouco será responsable do resultado obtido. A PROPIETARIA DA WEB non se responsabiliza do establecemento de hipervínculos por parte de terceiros.
- PROCEDEMENTO EN CASO DE REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE CARÁCTER ILÍCITO
No caso de que calquera persoa usuaria ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas ou accesibles a través do sitio web, deberá enviar unha notificación á PROPIETARIA DA WEB identificándose debidamente e especificando as supostas infraccións.
- PUBLICACIÓNS
A información administrativa facilitada a través do sitio web non substitúe a publicidade legal das leis, normativas, plans, disposicións xerais e actos que teñan que ser publicados formalmente aos diarios oficiais das administracións públicas, que constitúen o único instrumento que da fe da súa autenticidade e contido. A información dispoñible neste sitio web debe entenderse como unha guía sen propósito de validez legal.
- LEXISLACIÓN APLICABLE
As condicións presentes rexeranse pola lexislación española vixente.
A lingua utilizada será o Galego.