Os cantís albergan unha gran variedade de flora endémica que só se atopa nas nosas costas como a Centaurea Borjae
O ecosistema mariño é moi importante para a diversidade, a formación de dunas móbiles con gran variedade de especies ou as rías son un bo exemplo diso
Os animais pastan soltos polos prados e cantís contribuíndo ao mantemento de ecosistemas tan importantes como as brañas e as turbeiras…
Son moitos os pequenos ríos e regatos que atravesan a nosa comarca… algúns deles gardan nas súas beiras verdadeiros tesouros botánicos en estado crítico de conservación ou ao bordo da extinción…
Case non quedan na comarca mais que pequenos recunchos de flora clímax co as especies autóctonas nosas por iso é tan importante preservalas e conservalas pois son fundamentais para manter a biodiversidade
O eucalipto constitúe unha fonte de ingresos moi importante para Galicia. Con todo, isto supón un detrimento para a biodiversidade e os ecosistemas