Desde a Asociación Fragas do Ortegal procedemos cos traballos de erradicación e limpeza de eucaliptos nuns terreos recentemente adquiridos grazas á subvención DP0036, outorgada pola Deputación da Coruña a través do programa DP para a protección do medio ambiente.
Esta actuación representa un paso fundamental na recuperación ambiental destes espazos, permitindo avanzar cara a unha xestión máis sostible do territorio e favorecendo a conservación da biodiversidade. A eliminación de especies invasoras como o eucalipto é clave para a restauración dos ecosistemas naturais e a futura reintrodución de especies autóctonas.
Desde Fragas do Ortegal queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á Deputación da Coruña polo seu apoio e compromiso coa defensa do medio ambiente, facendo posible actuacións que contribúen á preservación e posta en valor do noso patrimonio natural.